VILA DE CORPUS AL COMPLETO

VILA DE CORPUS AL COMPLETO

Saída desde o centro da vila, duración da ruta 2 horas y Media aproximada

Descripción

 

Itinerario

 

Ruta 1:  CENTRO DA VILA-CONVENTO DE CANEDO

O tren sairá dende as inmediacións do Concello e fará un circuíto circular polas rúas da vila. Un percorrido fermosísimo polos principais atractivos da vila que duraría aproximadamente 45 minutos e no que os viaxeiros gozarán dun percorrido panorámico da mesma.

Algún dos lugares que os usuarios poderán coñecer dende a comodidade do noso tren turístico son:

A Igrexa de San Miguel: Igrexa construída a finais do século XIX segundo traza e deseño do arquitecto vigués Faustino Flórez Llamas. De estilo neogótico, conserva na portada principal un tímpano máis antigo. A súa planta é de cruz latina con cruceiro e cuberta abovedada, de crucería. Os arcos son unha clara mostra de estilo oxival. A fachada principal áchase distribuída en dous corpos, con torre-campanario de estrutura octogonal no eixe central. No interior destaca o retablo que preside o altar maior, tamén neogótico.

A Ponte dos Remedios: É unha das catro grandes pontes antigas do Tea. Historicamente formaba parte do antigo camiño real que unía Tui e despois Vigo con Ourense e Castela. A zona estivera habitada dende hai séculos, mostra disto témolo na abundancia de castros coma os de Troña ou o de Lira. Os romanos aproveitaron o vao areento existente para a construción dunha primeira ponte. Ademais, preto de Ponteareas existía unha importante vila romana na parroquia actual de Angoares. Pénsase que por aquí pasou, logo, unha vía romana, quizais a XIX, do itinerario de Antonino Pío, que comunicaba a capital da antiga Gallaecia: Bracara Augusta (actual Braga) coa importante cidade galaica de Asturica Augusta (actual Astorga).

Neste itinerario tamén se realizará unha breve parada, duns 20 minutos aproximadamente, para que os visitantes poidan coñecer Convento Franciscano de Canedo.

O edificio no que se atopa actualmente o Convento de Canedo foi un pazo da familia dos Sarmiento, e nel naceu Agustina Sarmiento, unha das meninas do universal cadro de Velázquez. En 1715 foi doado por esta familia á orde Franciscana, que enseguida comezou as obras de ampliación e remodelación para convertelo en convento.

Os franciscanos comezaron no século S.XVIII as obras de ampliación e adaptación do mesmo. Primeiro acabouse a igrexa e despois remodelouse o Palacio para convertelo nun Convento. O claustro, moi sinxelo e de reducidas dimensións, foi concluído entre 1784 e 1785. Do edificio primitivo aproveitáronse a pedra, algúns muros e a porta principal (del S.XVI).

A outra ruta proposta para a vila de Ponteareas terá unha duración de aproximadamente 3 horas e percorrerá os principais atractivos da vila, como son os anteriormente citados na ruta número 1 e outros coma.

O Museo municipal: centro museístico que actualmente alberga materiais do paleolítico e neolítico, achados arqueolóxicos castreños, elementos románicos e tamén obras e legados de artistas locais contemporáneos.  O museo conta cun espazo dedicado  ao Corpus Christi, a festa local máis importante de Ponteareas e os tesouros que nel se custodian. Coma son os achados do Castro da Troña, Lourido ou Taboexa.

Visita e cata nunha adega da Denominación de Orixe Rías Baixas, (Adega Rubén) onde os señores clientes probarán un dos mellores caldos da vila. Un produto feito con mimo e esmero respectando a tradición e o bo saber dos nosos antergos.

 La bodega Adega Rubén es una empresa  familiar, dedicada a la elaboración y comercialización de vinoblanco, de la Denominación de Origen Rias Baixas. Nuestro viñedo cuenta con el privilegio de ser atendido directamente por sus propietarios y nuestras uvas vendimiadas únicamente
por manos de familiares y amigos. Gracias a ellos y a su máximo esfuerzo conseguimos una excelente uva, que es la base de nuestro producto. Nuestros viñedos comienzan su andadura hace algunas décadas, pero es en el año 1990 cuando se impulsa más enérgicamente con la reconversión y reestructuración de los mismos a la variedad autóctonas gallega por excelencia. Cultivamos y elaboramos el Albariño. Fruto de esta materia prima elaboramos nuestra marca Vila do Corpus. El nombre de Vila do Corpus surge a principios del siglo XX cuando los vecinos comenzaron a cubrir con flores y otros elementos vegetales las calles con irregularidades por donde debía pasar la procesión del Santísimo. Fruto de esta fiesta, hoy en día declarada de Interés Turístico Internacional, y de que, en 1980, Ponteareas es declarada Vila, nace dicha marca.

     

Información general

Saída desde o centro da vila, duración da ruta 3 Horas

Precio por persona  15 € 

 

Galería de imágenes

Horarios


SAIDAS DESDE O CENTRO DE PONTEAREAS   (O LADO DO CONCELLO)

ESTA RUTA E PARA GRUPOS BAIXO RESERVA
         

 

 

Solicitud de información sin compromiso

Dejar vacío:


Aviso Cookies: Salvaturismo Galicia utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de usuario y ofrecer contenidos adaptados a tus intereses.
Si sigues navegando sin cambiar la configuración, consideramos que aceptas su uso. Cerrar